Pasa a R antes do 30/11/2025 e goza destas promocións:
Fibra, Móbil, Fan TV e Netflix
Fibra 500 Mb, 2 liñas móbiles con chamadas e GB ilimitados, Fan TV e Netflix Estándar con anuncios por 49,9 €/mes (Prezo Final).
Desconto do 100 % das OTT nas tres primeiras facturas (a do mes de activación e dúas máis): se quedas con Disney+ con anuncios ou HBO Max con anuncios ou Prime con anuncios a partir da cuarta factura os prezos serán de 5 €/mes, 5 €/mes e 4 €/mes respectivamente. E se quedas con DAZN Fútbol o prezo a partir da cuarta factura será de 10 €/mes e de 19,99 €/mes a partir da factura 13, cota non rateable.
O desconto do primeiro mes ratéase en función da data de activación. DAZN Fútbol inclúe os 5 partidos en 35 das 38 xornadas no descodificador de TV do teu paquete de servizos.
Poderás cancelar as túas subscricións a través da app de R. Esta promoción leva asociada unha permanencia de 12 meses no servizo de Internet e teléfono fixo. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 242 €, IVE incluído (non rateable), en concepto de custo de instalación.
Fibra 1 Gb, Móbil, Total TV con SkyShowtime, Netflix e Disney+
Fibra 1 Gb, 2 liñas móbiles con chamadas e GB ilimitados, Total TV con SkyShowtime, Netflix Estándar con anuncios, Disney+ Estándar con anuncios por 59,9 €/mes durante 3 facturas (a do mes de activación e 11 máis). A partir da factura 4, se quedas con Netflix e Disney+ o prezo do pack é de 64,9 €/mes.
Novo servizo Infinity R HomeBox incluído cun desconto do 100 % sobre a cota de alta de 60 €; esta oferta comporta unha permanencia de 12 meses.
Este pack inclúe un dispositivo de agasallo con permanencia de 24 meses; se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 200 €.
DAZN Fútbol tres meses incluído: desconto do 100 % nas 3 primeiras facturas (a do mes de activación e dúas máis); se quedas con DAZN Fútbol, o prezo a partir da cuarta factura será de 10 €/mes e de 19,99 €/mes a partir da factura 13; cota non rateable. O desconto do primeiro mes ratéase en función da data de activación. DAZN Fútbol inclúe os 5 partidos en 35 das 38 xornadas no descodificador de TV do teu paquete de servizos.
SkyShowtime con anuncios é unha canle incluída en Total TV. Poderás cancelar as túas subscricións a través da app de R. Esta promoción leva asociada unha permanencia de 12 meses no servizo de Internet e teléfono fixo. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 242 €, IVE incluído (non rateable), en concepto de custo de instalación.
Fibra, Móbil e Fan TV
Fibra 500 Mb, 2 liñas móbiles con chamadas e GB ilimitados e Fan TV por 44,9 €/mes (Prezo Final).
Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 242 €, IVE incluído (non rateable), en concepto de custo de instalación.
Fibra e Móbil 25 GB
Fibra 500 MB, fixo e 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 25 GB por 29,9 €/mes, durante 12 facturas (a do mes de activación e 11 máis). A partir da factura 13, o prezo do pack é de 39,9 €/mes. Compromiso de permanencia de 12 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 242 €, IVE incluído (non rateable), en concepto de custo de instalación.
Fibra e Móbil 50 GB
Fibra 500 Mb, fixo e 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 50 GB por 39,9 €/mes (Prezo Final). Compromiso de permanencia de 12 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 242 €, IVE incluído (non rateable), en concepto de custo de instalación.
Internet estudantes
Internet 1 Gb por 29 €/mes. Compromiso de permanencia de 3 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 229,9 €, IVE incluído (non rateable) en concepto de instalación. O compromiso de permanencia aplícase dende a data de instalación do servizo realizada por un técnico ou, caso de autoinstalación, dende o momento no que o cliente recibe o router.
Liñas adicionais
En todos os packs con Fibra e Móbil o prezo da segunda liña de móbil é de 0 €/mes, prezo final. Esta segunda liña terá o mesmo contido de minutos e xigas que a principal.
Se precisas máis liñas, podes contratar 3 liñas adicionais por 3 €/mes cada unha durante as 12 primeiras facturas, a do mes da activación do servizo e 11 máis. O desconto do primeiro mes ratéase en función da data de activación. Despois da promoción, o prezo destas liñas será o aplicable na oferta converxente vixente (tarifa con chamadas ilimitadas e 5 GB por 5 €/mes, con chamadas ilimitadas e 25 GB por 6 €/mes, con chamadas ilimitadas e 50 GB por 9 €/mes, con chamadas e xigas ilimitados por 9 €/mes).
Estas promocións só están dispoñibles para portabilidades.
Proba Fibra 1 Gb
Nos packs con Fibra 500 Mb podes gozar de Fibra 1 Gb a prezo de 500 megas durante as 3 primeiras facturas, a do mes da activación do servizo e 2 máis. O desconto do primeiro mes ratéase en función da data de activación. A partir da cuarta factura, se decides ficar coa velocidade de 1 Gb, o prezo incrementarase en 10 € máis ao mes.
Fibra e fixo
Fibra 1 Gb e teléfono fixo por 29 €/mes, prezo final. Compromiso de permanencia de 12 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 242 €, IVE incluído (non rateable), en concepto de custo de instalación.
WiFi Mesh
WiFi Mesh inclúe un amplificador wifi intelixente en modalidade de alugueiro cun custo mensual de 4 €. Os clientes con Fibra, Móbil e TV dispoñen dun desconto do 100 % nesa cota. Cota de alta de pagamento único de 15 € o primeiro mes. En caso de deixar de cumprir as condicións da promoción, non se aplicará o desconto. En caso de baixa do servizo, cómpre devolver o equipamento.
Tarifa plana teléfono fixo
A tarifa plana do teléfono fixo inclúe 4000 minutos para chamar a fixos nacionais en calquera horario. Se precisas realizar chamadas dende o fixo a móbiles podes contratar o Plan chamadas a móbiles nacionais con 4000 minutos de chamadas de fixo a móbil por 2 €/mes.
Tarifas de móbil
As tarifas de móbil inclúen chamadas a calquera destino nacional ou roaming UE, móbil ou fixo en calquera horario. Por política de bo uso, as tarifas con chamadas ilimitadas teñen un límite de 7000 minutos mensuais. Unha vez superado o límite de minutos as chamadas cobraranse como chamadas fóra de tarifa e bonos de minutos, cobrándose a 40 cént./min máis 40 céntimos estabelecemento de chamada para todas as tarifas (IVE incluído). As chamadas a servizos de tarificación adicional, roaming fóra de UE, internacionais, conexións de datos, SMS/MMS e mensaxes Premium cobraranse segundo as tarifas vixentes.
Roaming
Vas viaxar ao estranxeiro? Consulta as zonas Roaming incluídas na túa tarifa de móbil en https://mundo-r.com/tarifas/roaming.
Ademais, debes ter en conta que segundo a Política de Utilización Razoable para o tráfico de datos en roaming da Unión Europea, dentro da Zona 1 ou Zona UE hai un límite estabelecido na Regulación de roaming da Unión Europea que non poderás superar. Este límite correspóndese con, cando menos, o dobre do volume de datos que se obtén ao dividir o prezo da tarifa contratada (sen IVE) entre o prezo grosista de roaming (1,8 €/GB).
Se o teu consumo de voz ou datos en itinerancia na UE son maiores do que en territorio nacional durante polo menos 4 meses consecutivos, notificarémosche que se non cambias a pauta de consumo en dúas semanas poderemos facturarche unha recarga polos consumos en itinerancia UE ata que deixes de facelo. En calquera caso, a suma da tarifa nacional máis a recarga aplicada por uso anómalo non poderá superar 0,2290 €/minuto e 0,2420 € por megabyte utilizado (IVE incluído).
Servizo mantemento: R Cloud
Incluído nos packs. Servizo ofrecido por Fractalia Ciberalarma Systems S.L. Será completamente gratis na primeira factura, a do mes da activación; o seu prezo despois será de 6 €/mes.
Instalación
O custo da instalación do servizo de fibra é gratuíto se ficas polo menos os meses da permanencia indicada en cada promoción. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 242 € IVE incluído (non rateable), en concepto de custo de instalación. O compromiso de permanencia comeza a ser aplicable dende a data da instalación.
Servizo de televisión
O servizo de televisión Agile TV préstao Over The Top Networks Ibérica, SLU (en diante Agile TV), con NIF B-86588639 e domicilio en C/Gran Vía de Don Diego López de Haro 45, 48011 Bilbao. R facturará o servizo de televisión dentro da factura de servizos de telecomunicacións. O equipo preciso para a recepción do servizo de televisión é propiedade de R e fornecerase en réxime de alugamento/cesión. Podes consultar as Condicións Xerais de contratación do servizo de TV de Agile TV na páxina web www.agile-tv.es. Se o solicitas, poderalas recibir por correo ordinario.
Outras tarifas de televisión
Goza das mellores plataformas de streaming con prezos especiais nos packs con fibra, móbil con xigas ilimitados e TV:
• Netflix estándar con anuncios: 5 €/mes
• Disney+ estándar con anuncios: 5 €/mes
• Max básico con anuncios: 5 €/mes
• Amazon Prime: 4 €/mes
Coa contratación destas promocións solicitas expresamente recibir a factura en formato electrónico. Para seguires gozando da promoción, deberás continuar coa factura electrónica durante o período de vixencia desta.
Prezos con IVE incluído de acordo coas tarifas actuais suxeitos a cambios.