Ven a R antes do 31/05/2024 e goza destas promocións:
Fibra, móbil e TV
Fibra 500 megas, teléfono fixo, ocio TV e 2 liñas móbiles con chamadas e GB ilimitados por 59 €/mes, prezo final.
Os novos clientes que se pasen a R con este combo poderán gozar de Netflix Estandar, Prime e/ou total TV e/ou DAZN Esencial ou DAZN Total incluídos no prezo do combo durante as 3 primeiras facturas (a do mes de activación e 2 máis). O desconto do primeiro mes prorratearase en función da data de activación. A partir da cuarta factura se elixiches:
- Netflix Estandar: o prezo incrementarase 10 € máis ao mes.
- Prime: o prezo incrementarase 4 € máis ao mes. Amazon.com, Inc. e os seus afiliados non son patrocinadores desta promoción. Amazon, Prime e todos os logotipos relacionados son marcas comerciais de Amazon.com, Inc. ou os seus afiliados. Prime ten un valor de venda ao público de 4,99 €. Poderás cancelar a túa subscrición a Prime a través da App de R.
- Total TV: o prezo incrementarase 6 € máis ao mes.
- DAZN Esencial: o prezo incrementarase 18,99 € máis ao mes.
- DAZN Total: o prezo incrementarase 29,99 € máis ao mes.
- Compromiso de permanencia de 3 meses completos e sucesivos. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 229,9 € IVE incluído (non prorrateable) en concepto de custo de instalación. A tarifa de móbil inclúe chamadas a fixos e móbiles nacionais.
Fibra y móvil 10 GB
Fibra 500 megas, fixo e 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 10 GB por 39 €/mes, prezo final. Compromiso de permanencia de 3 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 229,9 € IVE incluído (non prorrateable) en concepto de custo de instalación. A tarifa de móbil inclúe chamadas a fixos e móbiles nacionais.
Fibra y móvil 30 GB
Fibra 500 megas, teléfono fixo e 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 30 GB por 49 €/mes, prezo final. Compromiso de permanencia de 3 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 229,9 € IVE incluído (prorrateable) en concepto de custo de instalación. A tarifa de móbil inclúe chamadas a fixos e móbiles nacionais.
Líneas adicionales
En todos os combos con fibra e móbil, o prezo da segunda liña de móbil é de 0 €/mes, prezo final. Esta segunda liña terá o mesmo contido de minutos e GB que a principal para chamar a fixos e móbiles nacionais.
Se precisas máis liñas, podes contratar 3 liñas adicionais por 3 €/mes cada unha durante as 12 primeiras facturas, a do mes da activación do servizo e 11 máis. O desconto do primeiro mes prooratéase en función da data de activación. Despois da promoción, o prezo destas liñas será o aplicable na oferta converxente vixente (tarifa con chamadas ilimitadas e 5 GB por 5 €/mes, con chamadas ilimitadas e 10 GB por 9 €/mes, con chamadas ilimitadas e 30 GB por 11€/mes, con chamadas e GB ilimitados por 16 €/mes).
Estas promocións só están dispoñibles para portabilidades.
Prueba fibra 1 Gb
Nos combos con fibra 500 megas podes gozar de fibra 1Gb a prezo de 300 megas durante as 3 primeiras facturas, a do mes da activación do servizo e 2 máis. O desconto do primeiro mes prorratéase en función da data de activación. A partir da cuarta factura, se decides quedar coa velocidade de 1 Gb, o prezo incrementarase 10 € máis ao mes.
Fibra y fijo
Fibra 1 Gb e teléfono fixo por 29 €/mes durante as 12 primeiras facturas, a do mes da activación do servizo e 11 máis. O desconto do primeiro mes ratéase en función da data de activación. Despois, 44 €/mes. Compromiso de permanencia de 12 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 229,9 € IVE incluído (non prorrateable) en concepto de custo de instalación.
Wifi mesh
Wifi mesh inclúe un amplificador wifi intelixente en modalidade de aluguer cun custo mensual de 4 €. Os clientes con fibra, móbil e TV dispoñen dun desconto do 100 % nesa cota. Cota de alta de pagamento único de 15 € o primeiro mes. En caso de deixar de cumprir as condicións da promoción, non se aplicará o desconto. No caso de baixa do servizo, é necesario devolver o equipamento.
Tarifa plana teléfono fijo
A tarifa plana do teléfono fixo inclúe 4.000 minutos para chamar a fixos nacionais en calquera horario. Se precisas realizar chamadas dende o fixo a móbiles podes contratar o Plan chamadas a móbiles nacionais con 4.000 minutos de chamadas de fixo a móbil por 2 €/mes.
Tarifas de móvil
As tarifas de móbil inclúen chamadas a calquera destino nacional ou roaming UE, móbil ou fixo en calquera horario. Por política de bo uso, as tarifas con chamadas ilimitadas teñen un límite de 7.000 minutos mensuais. Unha vez superado o límite de minutos, as chamadas cobraranse como chamadas fóra de tarifa e bonos de minutos, cobrándose a 40 cént./min máis 40 céntimos establecemento de chamada para todas as tarifas (IVE incluído). As chamadas a servizos de tarificación adicional, roaming fóra de UE, internacionais, conexións de datos, SMS/MMS e mensaxes Premium serán cobradas segundo as tarifas vixentes.
Roaming
Vas viaxar ao estranxeiro? Consulta as zonas roaming incluídas na túa tarifa de móbil en www.mundo-r.com/gl/roaming.
Ademais, debes ter en conta que segundo a Política de Utilización Razoable para o tráfico de datos en roaming da Unión Europea, dentro da Zona 1 ou Zona UE hai un límite establecido na Regulación de roaming da Unión Europea que non poderás superar. Este límite correspóndese con, cando menos, o dobre do volume de datos que se obtén ao dividir o prezo da tarifa contratada (sen IVE) entre o prezo almacenista de roaming (1,8 €/GB). Por exemplo: o límite da tarifa ilimitada é de 30 GB, o da tarifa con 30 GB é de 15 GB e o da tarifa con 10 GB é de 9 GB.
No caso de que o teu consumo de voz e/ou datos en itinerancia na UE sexan maiores que en territorio nacional durante polo menos 4 meses consecutivos, notificarémosche que se non cambias a pauta de consumo en dúas semanas poderemos facturarche unha recarga polos consumos en itinerancia UE ata que deixes de facelo. En calquera caso, a suma da tarifa nacional máis a recarga aplicada por uso anómalo non poderá superar 0,2290 €/minuto e 0,2420 € por megabyte utilizado (IVE incluído).
Servicio mantenimiento: Nube R
Incluído nos combos. Servizo ofrecido por Fractalia Ciberalarma Systems S.L. será completamente gratis na primeira factura, a do mes da activación; o seu prezo despois será de 5 €/mes.
Instalación
O custo da instalación do servizo de fibra é gratuíto se quedas polo menos os meses da permanencia indicada en cada promoción. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 229,9 € IVE incluído (non prorrateable) en concepto de custo de instalación. O compromiso de permanencia comeza a aplicar dende a data da instalación.
Servicio de televisión
O servizo de televisión Agile TV préstao Over The Top Networks Ibérica, SLU (en diante, Agile TV), con NIF B-86588639 e enderezo en C/ Gran Vía de Don Diego López de Haro 45, 48011 Bilbao. O servizo de televisión facturarase por R dentro da factura de servizos de telecomunicacións. O equipo necesario para a recepción do servizo de televisión é propiedade de R e será facilitado en réxime de alugamento/cesión. Podes consultar as Condicións Xerais de contratación do servizo de TV de Agile TV na páxina web www.agile-tv.es. Se o solicitas, poderás recibilas por correo ordinario.
Coa contratación destas promocións solicitas expresamente recibir a factura en formato electrónico. Para seguir gozando da promoción, deberás seguir con factura electrónica durante o período de vixencia desta.
Prezos con IVE incluído de acordo coas tarifas actuais suxeitos a cambios.
E, se xa es cliente, goza destas promocións ata o 31/05/2024:
Clientes con fibra, móvil y TV
Promoción para clientes que contraten Prime por 0 €/mes durante 3 facturas (a do mes de activación e 2 máis). A partir da cuarta factura o prezo de Prime será de 4,99 €/mes. Compromiso de 12 meses. Se te dás de baixa antes, terás que asumir un importe de 15 €, IVE incluído (non prorrateable). Amazon.com, Inc. e os seus afiliados non son patrocinadores desta promoción. Amazon, Prime e todos os logotipos relacionados son marcas comerciais de Amazon.com, Inc. ou os seus afiliados. Prime ten un valor de venda ao público de 4,99€. Poderás cancelar a túa subscrición a Prime a través da App de R. Prezos con IVE suxeitos a cambios.
Clientes só con fibra
Promoción para clientes que contraten Prime por 0,33 €/mes durante 3 facturas (a do mes de activación e 2 máis). A partir da cuarta factura o prezo de Prime será de 4,99 €/mes. Amazon.com, Inc. e os seus afiliados non son patrocinadores desta promoción. Amazon, Prime e todos os logotipos relacionados son marcas comerciais de Amazon.com, Inc. ou os seus afiliados. Prime ten un valor de venda ao público de 4,99 €. Poderás cancelar a túa subscrición a Prime a través da App de R. Prezos con IVE suxeitos a cambios.